Wednesday 08 de May de 2024

O Concello organiza unha saída a Cantabria para maiores de 55 anos


· Está enmarcada dentro do programa municipal de ‘Envellecemento Activo’ e levarase a cabo do 14 ao 16 de abril.

· Os días para anotarse serán o 20 e o 21 de marzo no teléfono 604 854 108.

O Concello de Bergondo organiza, dentro do programa municipal de ‘Envellecemento Activo’ dirixido a persoas maiores de 55 anos, unha saída a Cantabria que terá lugar a fin de semana do 14, 15 e 16 do próximo mes de abril.

Os días para anotarse serán o 20 e o 21 de marzo, no teléfono 604 854 108 en horario de 10 a 20 horas. Se hai máis solicitantes que prazas, o 24 de marzo ás 10 horas realizarase un sorteo público no departamento de Servizos Sociais. Terán preferencia as persoas empadroadas en Bergondo e cada persoa poderá apuntarse a se mesma e a unha persoa acompañante.

Os participantes nesta saída coñecerán Comillas, Suances, Santillana del Mar, as Covas de Altamira, Santander e Luarca, unha viaxe chea de natureza, de boa gastronomía e de mostras artísticas únicas. O prezo é de 150 euros por persoa en cuarto dobre e de 180 euros por persoa en cuarto individual.